El Resurgir de la Luz
Cada ano unha nena ou neno austríaco recolle a Luz na cova do Nacemento de Xesús en Belén, Cisjordania. Vense facendo así dende 1986. Dende alí parte un avión a Viena, punto ao que acuden centos de scouts europeos. Elas e eles son os encargados de levar a Luz e trasladar a sua mensaxe polos respectivos países, xerando unha rede de cooperación e educación pola paz, pilar no que se basea o escultimo.
Este ano, con lema “El resurgir de la Luz”, a organización da chegada da Luz a España vai da man de Scouts de Galicia. Inicialmente un grupo de scouts de Galicia e un grupo de scouts de Madrid, ian asistir a celebración da Luz en Viena, para poder recoller a Luz e traela a España. Pero recentemente, con motivo das medidas sanitarias adoptadas polo goberno de Austria, non tera lugar a viaxe para recoller a Luz.
Ainda así, a celebración en España este ano será na Catedral de Santiado de Compostela o día 12 de Decembro as 16:00 horas, onde repartirase a Luz para as distintas delegacións que acudiran ao evento.
Tendo en conta as limitacións de aforo e as medidas sanitarias vixentes, poderase seguir a celebración a traves da nosa canle de YouTube: preme aquí