<strong>Usuarios</strong> — Muestra los usuarios asociados a este sitio. También puedes cambiar sus perfiles, reiniciar sus contraseñas o borrarlos del sitio. Borrar un usuario del sitio no borra al usuario de la red.

Estrutura

Resultados de la búsqueda de:

Estrutura

6 Maio, 2018 by Webmaster-Scouts-de-Galicia---ECG

Scouts de Galicia – Escutismo Católico Galego é unha federación interdiocesana, aprobada pola Conferencia Episcopal Española, que reúne a preto de 250 rapaces e mozos, e ao redor de 80 responsables adultos, organizados en grupos scouts. Cada un destes grupos pertence á Asociación Diocesana de Escutismo da súa diocese.

Scouts de Galicia – Escutismo Católico Galego estivo conformado por catro asociacións diocesanas: a ADE de Santiago de Compostela, a ADE de Tui-Vigo a ADE, de Mondoñedo-Ferrol e a ADE de Ourense. Non obstante, na actualidade só está activa a ADE de Santiago de Compostela agrupando a todos os grupos da xeografía galega.

Scouts de Galicia sempre se caracterizou polo compromiso coa realidade social na que desenvolve a súa acción educativa, utilizando a implicación na transformación social como unha ferramenta mais no labor educativo.

A idea do servicio aos demais e á sociedade é inseparable da fórmula educativa de Escutismo, en definitiva deixar o mundo en mellores condicións de como o atopamos.

Scouts de Galicia é tamén un bo lugar para crecer na fe. Como Movemento de Igrexa educa nos valores do humanismo cristián e toda a súa acción baséase nos valores que emanan do Evanxeo.