A escola Nordesía iniciou paseniño o seu percorrido en outubro 2009 (Orde do 27 de outubro de 2009 pola que se recoñece a Nordesía, Escola de Lecer ) froito do traballo dun grupo de monitores e directores de tempo libre, que exercendo na Federación Scouts de Galicia E.C.G, buscaban dar carácter oficial ás inquedanzas formativas e xerar perfís profesionais no eido do lecer.
Dende aquela ata a actualidade, fomos desenvolvendo formación dos niveis recoñecidos oficialmente baixo a normativa vixente con carácter continuo. Ofrecemos así un proxecto educativo que inclúe a metodoloxía scout que aposta pola educación integral e por un xeito de entender a vida en todas as súas dimensións.
Con todo, queda un gran camiño que andar, xa que queremos medrar ofrecendo unha formación complementaria que chegue a un maior número de persoas e profesionais do sector que teñen interese en facer do lecer unha oportunidade de aprendizaxe e unha experiencia enriquecedora.