Centro Scout Abeiro
Que é o Centro Scout Abeiro?
O Centro Scout Abeiro trátase dunha antiga casa reitoral de 240 m2 do século XVIII, cunha finca amurallada de 10.000 m2 que está situada no termo municipal de Santiago de Compostela, na beira do Monte Pedroso. A casa é propiedade da Arquidiocese Compostelán, quen a cedeu no ano 2015 á Asociación Diocesana de Escutismo de Santiago para que a administre e realice actividades scouts.
O centro nace coa primeira idea de ser un lugar de encontro e acollida das unidades scouts que chegan a Santiago realizando algún dos tradicionais camiños co fin de venerar a tumba do Apóstolo Santiago, discípulo de Xesús, pero ademais tamén se utiliza para actividades propias da asociación e federación e como un posible espazo para realizar acampadas e campamentos.
Abeiro conta con espazo para 25 persoas en camas e zonas de acampada, baños, 2 cociñas, comedor para 100 persoas, WiFi e dúas salas de usos múltiples.
O Centro Scout atópase a 5 km da Catedral e está unido co casco histórico da cidade compostelán pola liña de bus urbano P1, que chega directamente á porta do centro scout.
Cabe destacar que a 200 metros do centro scout pasa a ruta tradicional de peregrinos que une Santiago con Fisterra e que enfronte de Abeiro hai unhas pistas deportivas de fútbol 11 fútbol sala e baloncesto, ademáis dunha gran explanada con sombra onde poder realizar todo tipo de xogos e actividades.
Como chegar?
Por transporte urbano collendo o autobús P1 en Praza de Galicia.
En vehículo propio pola carretera DP 7803 xusto ao lado da Igrexa Parroquial de Santa María de Figueiras.
Como inscribirse / contactar?
A través do correo centroscoutabeiro@scoutsgalicia.org.
Neste mesmo correo pódese contactar coa dirección do centro scout e resolver calquera dúbida.
- Centro Abeiro
-

- Contacto