Viaxeiros da Luz 2018
Non durou máis ca unha fin de semana. Na tarde do venres os rotas de Galicia subíamos nos nosos respectivos transportes. Uns en Santiago, e outros en Ourense ou na Coruña, para dirixirnos por carreteira ata a cidade de Guadalajara.
Alí a nosa misión sería conseguir a Luz da Paz: a chama dunha vela que reside acesa todo o ano en Belén, pola cal scouts cristiáns de todo o mundo organízanse unha vez ó ano, para que se propague por todas as candeas da xente que quere contar con dita luz nos seus fogares e/ou parroquias.
O sábado despois de recibir unha calorosa benvida por parte dos Scouts de Castilla – La Mancha, organizadores do evento, tiveron lugar unhas cantas actividades e talleres para coñecernos entre nós e para aprender cousas novas. Durante as actividades e o tempo libre todos xuntos pasabámolo xenial, reíamonos da gran variedade de acentos tan peculiares, e tamén aprendíamos das nosas diferencias como scouts. Era un ambiente máxico realmente. Non coñecías a ninguén, mais ás dúas horas parecía que levabas con eles toda a vida.
Finalmente chegou a tarde do domingo, a cerimonia e o acto de entrega da luz. A concatedral desbordaba de xente, e todos xuntos cantaban as cancións da celebración. A luz da paz entrou no templo e todo o mundo achegouse rapidamente ó pasillo para poder observar. Eu nun principio quedei ó marxe, desconcertado, xa que era evidente o que todos ían ver.
Nembargantes no momento que decidín asomarme e mirar sentín no meu interior unha sensación que non esperaba. En efecto, só era unha vela.
Pero vaia vela!
Fco. Javier Abel Grandío
Rota Grupo Scout Khanhiwara