<strong>Usuarios</strong> — Muestra los usuarios asociados a este sitio. También puedes cambiar sus perfiles, reiniciar sus contraseñas o borrarlos del sitio. Borrar un usuario del sitio no borra al usuario de la red.

Resultados de la búsqueda de:

“NOVA XERACIÓN DE TIZOEIROS”

Publicado por 9 Abril, 2019 by Webmaster-Scouts-de-Galicia---ECG

Aló polo mes de outubro daba comezo un novo curso do NRUE (Nivel de Responsables de Unidade con Experiencia) en Santiago de Compostela.

Alí xuntámonos un total de 11 responsables dos Grupos Scouts Alhoia, Stoas, Tau, Khanhiwara e Ronsel para seguir formándonos como responsables scouts e mirando xuntos cara diante.

Durante as fores tivemos a gran ocasión de escoitar voces de xente cunha gran traxectoria no escutismo galego.

Para a FO.RE. de Lexislación, tivemos a ocasión de contar coa experiencia de Laura G. Solla. A

Delegada da ADE de Tui-Vigo, Susana García, impartiu a FO.RE. de Planificación. O noso novo Consiliario Xeral de Scouts de Galicia, Miguel López Varela, explicounos de maneira moi dinámica a Historia da Salvación e Biblia. Entre todas as sesión tiñamos 5 horas de libre elección, onde tivemos unha interesante formación en Xestión de Riscos, da man de Nuria Padín, unha experta no tema. Da parte de Administración, Xerencia e Xestión económica encargouse o Delegado da ADE de Santiago Chema Santos. Na ponte de decembro coa FO.RE. de Análise da realidade, impartida por Luis Cuntín dabamos por finalizado as sesións do NRUE.

Os participantes deste nivel, unha vez superada a formación, acadaron os 2 Tizóns de madeira recoñecidos pola OMMS e comezarán no mes de febreiro a formación do NRA (Nivel de Responsables de Adultos). Nivel, que xunto co NRUE conleva a titulación de Director de Tempo libre.

¡Sempre Listos!

Claudia Montes Enríquez
Responsable Grupo Scout Alhoia

The post “NOVA XERACIÓN DE TIZOEIROS” appeared first on Scouts Galicia.


Source: RSS Post Importer

Categoría de artículos: Uncategorized @gl