CRÓNICA NUN LUGAR CHAMADO ABEIRO – (FO.RES. Previas)
Que é o primeiro que pensas cando vas a facer un curso de formación? Que vai a ser un tostón, que será unha forma de perder o tempo, que poderías estar noutro lugar… Pois non lle preguntes aos 12 novos Axudantes dos Grupos Scouts de Galicia pois a súa formación foi una experiencia inefable!
A fin de semana do 11, 12 e 13 de Outubro un conxunto de mozas e mozos de diferentes Grupos Scouts de Galicia (Alhoia, Khanhiwara, Nyeri, Stoas e Tau) axuntáronse no Centro Scout Abeiro para realizar a formación de Nivel Axudante.
O primeiro día tiveron unha charla formativa sobre a estruturación dos Scouts de Galicia. Ademais, de ter unha velada educativa e satírica ao carón dunha fogueira improvisada no mellor cuarto do centro.
Comezaron a mañá cunhas clases relacionadas co funcionamento e distribución das ADEs tamén como están establecidos os patróns que deben seguir os uniformes e pola tarde unhas clases relacionadas co verdadeiro significado de ser scouts, tratando temas relacionados co compromiso, país e fe.
Xa pola noitiña cando os ánimos estaban xa para durmir, apareceu Chema para motivalos sobre o verdadeiro significado de ser scout así como as incontables anécdotas e historias cómicas que ten na súa mente. Cabe destacar que a cea, a parte de ser unha especie de mestura entre o tradicional e moderno foi unha experiencia incrible, alí en plena escuridade acompañados das risas e das diminutas velas.
O último día asistiron aos actos relixiosos da parroquia, escoitaron a historia dos Scouts e dos Scouts de Galicia.
Realmente foi unha pequena despedida, pois non é un punto final, xa que proximamente retornaran ao Centro Abeiro a por máis aventuras, a por máis experiencias, e claro a por máis formación.
Un saúdo…coa man esquerda.
Texto elaborado por Baloo
Secretario do Grupo Scout Alhoia