FORE ODS
Fecha/Hora
Date(s) - 24/11/2019
9:00 a.m. - 6:00 p.m.
Categorías No Categorías
Dentro do programa de Mellora das capacidades do voluntariado de Scouts de Galicia ECG, temos prevista a realización da FORE: “Aplicación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) na educación non formal”, co obxectivo de coñecer a problemática existente no mundo, no contexto da nova axenda dos ODS das Nacións Unidas e xerar as habilidades e destrezas necesarias para a súa introdución no traballo da organización.
Estas habilidades e destrezas permitirán ás persoas voluntarias contextualizar o traballo que desenvolve o seu grupo/entidade dentro do marco global existente, mellorando a comprensión das dinámicas e procesos existentes na sociedade e institucións galegas.
DATAS: 24 de novembro de 2019
HORARIO: 9.00 – 18.00
LUGAR: Santiago de Compostela.
PERSOAS DESTINATARIAS: persoas voluntarias da Federación Scouts de Galicia ECG, (responsables dos kraales, equipos, e ADEs), para as familias dos grupos, e outras persoas voluntarias doutras entidades.
Nº DE PRAZAS OFERTADAS: 25
PREZO: o curso é gratuíto, pero pensamos poñer 5€/persoa para a comida. Os custes de desprazamento se cubrirán por parte da federación.
CONTIDOS:
BLOQUE 1: O mundo no que vivimos. A cooperación internacional ao Desenvolvemento.
BLOQUE 2: De aqueles ODM a estes ODS. Nacións Unidas e Axendas de Desenvolvemento.
BLOQUE 3: Qué se pode facer para traballar a favor dos ODS?. A Educación para a Transformación Social. Poñemos en marcha unha iniciativa local para un desenvolvemento global.
As persoas interesadas poderán inscribirse no seguinte enlace:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfY945B9I1Qe4cTTAPc-DnGDizH_E210ysHtk6ogLQJtZqHrA/viewform
O prazo de inscrición remata o 15 de novembro