Entorno Seguro
O Movemento Scout Católico, coma asociación educativa, fomenta os entornos seguros para a infancia e a xuventude con actividades e espazos onde non ten cabida ningún tipo de violencia, xa sexa física o psicolóxica. Por iso, na sua 75º Asamblea Xeral, aprobou o documento “Scouts MSC, Entorno Seguro”, unha guía práctica que reúne os protocolos de protección á infancia e a xuventude que levase a cabo dentro do Movemento.
O documento recolle tanto as boas prácticas como as conductas prohibidas en Scouts MSC. Tamen reúne os procedementos de seguridade nas actividades, cómo actuar ante un indicio de risco así como a función da Comisión de Entorno Seguro e o Comité de Seguemento.
“Scouts MSC, Entorno Seguro” presta unha especial atención á prevención de actividades ou actitudes que poidan derivar en maltratos ou abusos. Para iso, apostase polo empoderamento das e dos menores e pola formación das persoas adultas que desenrolan os seus servizos como voluntarias para que, en cada caso, sepan cómo actuar e onde deben recurrir ante situacions de presunto maltrato o abuso.
Ademais de establecer as normas e os protocolos de actuación de obrigado cumplimento en asociacions e grupos, o documento tamén fomenta a construcción en entornos seguros con obxectivos educativos adaptados as diferentes idades das e dos scouts.
A política de protección á infancia e a xuventude que fomenta Scouts MSC completase co canle público de denuncias habilitado na web do Movemento.