Encontro “Contorna Libre de Violencias e Discriminación”
¡¡Chega o encontro “Contorna Libre de Violencias e Discriminación” os días 18 e 19 de Septembro!!
Este encontro xurde coa intención de coñecer e concienciar a procura de entornos nos que sexa seguro realizar as nosas actividades para os rapaces e rapazas que forman os nosos grupos, evitando entornos de violencia, discriminación e mais riscos que xurden nas nosas contornas, concienciando asi todo o que pode conlevar obvialas ou ter descoñecemento.
Para este encontro contaremos con membros de Scouts MSC os cales presentarannos o programa Entorno Seguro, no que afondarase as boas practicas que teñen que estar presentes nas nosas actividades, e mais os riscos que temos que evitar.
Tamén contaremos coa presenza de Igaxes, realizando unha dinámica sobre a contorna libre de violencias e discriminación na que remataremos de afondar nos problemas que podemos atopar na nosa contorna.
Queremos dar as grazas especialmente a Conselleria de Política Social por financiar e facer posible este encontro a traves do seu programa de Iniciativa Xove.