Curso de Monitor/a de Tempo Libre
A Escola de Tempo Libre Nordesía de Scouts de Galicia -ECG convoca un novo curso de monitor/a de tempo libre para as fins de semana de decembro a febreiro.
O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.
Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
Lugar de realización
Centro Scout Abeiro, Figueiras, Santiago de Compostela
Requisitos
* Ter cumplidos os 18 anos ao inicio do curso
* Ter rematada a Ensinanza Secundaria Obrigatoria
Datas da fase teórica
* Decembro: 14, 15, 26, 27, 28, 29 e 30
* Xaneiro: 2, 3, 4, 5, 25 e 26
* Febreiro: 1, 2, 8, 9, 15, 16 e 22
Horarios
* De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00
Prezo
* 150€. Tasas de expedición do título non incluídas.
Matrícula
A inscrición no curso pódese facer:
* Cubrindo o formulario que aparece facendo click no botón “Inscríbete” ao inicio desta nova.
* Achegándose á ETL Nordesía no Centro Scout Abeiro, Lugar Xulacasa 296, Figueiras (de par da igrexa parroquial)
Para garantir a reserva é preciso realizar o ingreso de 150€. Esta cantidade reembolsarase no caso de non realizarse o curso.
* N° de conta: ES56 2080 5054 0030 4003 4726
Para formalizar a inscrición será necesario enviar a nordesia@scoutsgalicia.org:
* Fotocopia do DNI
* Xustificante de estudos académicos
* Xustificante de pago
Contacto
Para calquera consulta podes contactar connosco de luns a venres de 8:30 a 16:30
* Por teléfono no 981 52 67 77
* Presencialmente no Centro Scout Abeiro
Ou tamén por e-mail en nordesia@scoutsgalicia.org